Docencia

No curso 2001-2002 comezou a implantación do plan de estudos reformado da Licenciatura en Bioloxía (BOE do 28 de agosto de 2001). A carga lectiva deste plan de estudos é de 322,5 creditos repartidos en cinco anos, de forma que o primeiro ciclo está formado polos tres primeiros cursos académicos e o segundo ciclo polos dous restantes. Ademas no segúndo ciclo pódese escoller unha orientación entre as tres que se imparten na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo:

  • Bioloxía fundamental e sanitaria
  • Biotecnoloxía
  • Organismos e sistemas

Nun curso académico hai tres convocatorias de exame, dúas ordinarias; en xuño e Setembro e unha extraordinaria en decembro. O alumno poderá presentarse a un máximo de dúas convocatorias por materia por curso académico.

¿Qué e un plan de estudos?

Conxunto de ensinos organizados por unha Universidade que, unha vez superadas, dá dereito á obtención dun título. Estrutúranse en ciclos académicos, que, a sú vez, están formados por materias cunha valoración en termos de crédito.

¿Qué e un ciclo académico?

Unidade estrutural de formación completa. Os estudos universitarios poden ser dun ciclo ou de dous. A licenciatura de Bioloxía impartida na Facultade de Bioloxía de Vigo consta de dous ciclos, sen título intermedio (Graduado).

No 1º ciclo proporciónase unha formación básica e xeral. Organízase en tres anos e seis cuadrimestres de docencia.

No 2º ciclo profúndase nos ensinos do 1º ciclo, realízase a especialización e se capacitapara o exercicio de actividades profesionais. No plan reformado consta de dous cursos e catro cuadrimestres de docencia. O estudante escolle neste ciclo a orientación que desexe, das que se ofertan.

Para acceder ao 2º ciclo é necesario ter superados un mínimo de créditos do 1º ciclo da mesma licenciatura ou superar Complementos de Formación se se procede de titulacións afíns.

¿Que son os créditos?

Un crédito é a unidade de valoración das materias que se corresponde a 10 horas de ensino teórico-práctica. Teñen as seguintes funcións:
No Plan de estudos: cuantifican o mínimo para a obtención do título académico.
Nas materias: expresa a súa extensión no Plan de estudos.


Materias e tipos de materias

As materias constitúen os contidos científicos que se dan no Plan de estudos dunha titulación. Segundo a natureza de cada materia se clasifícan en: Materias troncales, Materias obrigatorias, Materias optativas e Materias de libre elección.

Materias troncales.

Materias comúns aos Plans de estudo dunha mesma titulación en todas as Universidades do Estado Español. Proceden das Directrices xerais fixadas polo Ministerio de Educación.

Materias obrigatorias.

Materias establecidas pola Universidade que elabora o Plan de estudos. Introducen un matiz diferenciador con Plans da mesma titulación doutras Universidades.

Materias optativas.

Materias libremente establecidas pola Universidade. Poden estar agrupadas en bloques compactos que definen a especialidade ou orientación (e neste caso o alumno debe elixir o conxunto das materias que constitúen a orientación entre as que oferta o centro) e poden formar parte dunha listaxe no que o alumno pode eligir libremente.

Cada materia optativa deberá ter unha carga lectiva en créditos suficiente para garantir a docencia de contidos relevantes, sen repetir os xa incluídos nas materias troncales ou nas obrigatorias.

A Universidade establecerá cada ano a oferta de materias optativas dispoñible, incluíndo o número máximo de estudantes por grupo e os grupos existentes.

Materias de libre elección

Materias establecidas pola Universidade para que o estudante complete a súa formación con aqueles contidos ou actividades dentro ou fóra do seu Plan de estudos que lle resulten atractivas.

Non poderán ser objecto de libre elección aquelas materias de contido identico ou moi similar ao das materias xa cursadas na titulación.

Estas materias son de obtención obrigatoria e configuración flexible a partir dunha listaxe que cada ano a Universidade elaborará a partir das materias ofertadas para todas as titulacións (materias de libre elección xeral) e as ofertadas para titulacións do mesmo ámbito científico (materias de libre elección propias de titulación). Na listaxe aparecerán os créditos de cada materia, o seu horario de docencia, o número máximo de estudantes por grupo e os grupos existentes.

A matriculación nestas materias é por estrita orde de llagada.
Os créditos de libre elección cursados a maiores dos especificados para cada curso son acumulables.

Tamén se poden superar materias de libre elección por medio de equivalencias de créditos ou por validlaciones de materias xa cursadas noutras titulacións ou noutros Plans de estudos.


Orientación

Especialización obrigatoria a escoller polo estudante no 2º Ciclo. Consta de materias obrigatorias de orientación e de materias optativas de orientación a escoller dunha listaxe.


Equivalencias de créditos

Actividades establecidas no Plan de Estudos para superar créditos. Por exemplo, pódense outorgar créditos por equivalencia en materias de libre elección sempre que procedan de estudos realizados no marco de convenios internacionais subscritos pola Universidade.

Validaciones ou Adaptacións

Para cada Licenciatura establécese un cadro de validaciones de materias do plan antigüo ao plan novo. En todo caso, de ter superado o primeiro ciclo completo do plan antigo, a adaptación ao novo plan no segundo ciclo pódese facer coa solicitude do interesado á Comisión de Validaciones.