EN MEMORIA DE LYNN MARGULIS
28/11/2011 09:33
A semana pasada coñecemos a
triste nova do pasamento da bióloga americana Lynn Margulis ós 73
anos de idade. Lynn Margulis, actualmente Profesora emérita do Departamento de Xeociencias da
Universidade de Massachusetts, é destacada como unha das
figuras centraies da bioloxía evolutiva moderna. Unha particular referencia
merece a súa Teoría Endosimbióntica Seriada ou Simbioxénese, segundo a cal as
células eucarióticas, que dispoñen dun núcleo ben
definido e das que están formados tódolos animais e as prantas,
surxiron gracias á unión simbiótica e gradual de varias clases de bacterias
(organismos moito máis primitivos e non eucarióticos), sendo esa simbiosis e non
so as mutacións ó azar (teoría neodarwinista) o auténtico motor da
evolución biolóxica. Aínda que a súas ideas tardaron moito en ser aceptadas e, aínda
hoxe en día a súa teoría conta coa oposición de numerosos científicos, valéronlle
a Lynn a admiración da comunidade científica, convertíndose en parte
esencial da nosa comprensión actual do proceso evolutivo.

Lynn foi nomeada doctora Honoris Causa pola Universidad de Vigo o 26 de Xaneiro de 2007, a proposta da Facultade de Bioloxía. Como membros desta comunidade universitaria e da Facultade de Bioloxía, sentímonos orguiosos de ter compartido durante uns días a valiosa presenza de Lynn e desfrutar da súa brillantez científica e humana. Sempre estará presente na memoria da nosa Facultade e o seu recordo iluminará o noso discurrir evolutivo.
Gracias Lynn,
Facultade de Bioloxía